A asociación Pedaladas trasladará as súas demandas á subdelegada do Goberno Maica Larriba nun encontro previsto para o vindeiro venres 26 de outubro.
Entre outros asuntos reclamarán ao Ministerio de Fomento a creación dunha senda verde no vello trazado ferroviario entre Arcade e Pontevedra.
Tamén se interesarán polo calendario de execución do paseo ciclista e peonil entre Pontevedra e Marín, que será obxecto dunha manifestación en bicicleta o domingo 28 ante o "atraso totalmente inxustificado" do paseo que anunciou Costas en 2015.
Ademais trasladarán á subdelegada a súa reivindicación para que se reduza a 50 quilómetros por hora a velocidade máxima no tramo de concentración de accidentes da estrada acceso a Pontevedra dende Vigo a nacional N-550 entre A Carballa e Pontevedra.