Piden que unha praza de Cotobade leve o nome de Antonio Fraguas

Cerdedo Cotobade
23 de agosto 2019

Os socialistas reitéranse na proposta para nomear a renovada Praza da Chan como Praza Don Antonio Fraguas

Obras en A Chan no Concello de Cerdedo-Cotobade Concello de Cerdedo-Cotobade

A agrupación socialista de Cerdedo-Cotobade considera que o ilustre escritor cotobadense Antonio Fraguas, a quen se lle adicaron as Letras Galegas neste 2019, merece formar parte do rueiro do concello. Por iso, os socialistas queren que a Praza da Chan, que segue sendo  obxecto dunha reforma integral, sexa nomeada Praza Don Antonio Fraguas.

"Sería un orgullo para toda a veciñanza de Cerdedo-Cotobade contar cun espazo público que leve o nome dun dos seus veciños máis ilustres", apuntan dende este grupo municipal.

O PSOE cre que o goberno local non debe limitarse únicamente aos actos oficiais da Real Academia da Língua Galega, e demanda máis iniciativas que sirvan para atraer o turismo cultural ao municipio.