Pintan o código de barras da rúa Cruz Gallástegui

Pontevedra
28 de abril 2018

O significado deste código de barras é o nome da rúa co obxectivo de que poida ser lido desde o aire a través deste código. Os operarios realizaban durante a noite deste venres o pintado das barras nesta rúa que está a ser reformada para reforzar o seu carácter peonil

Pintado do código de barras en Cruz Gallástegui PontevedraViva

A rúa Cruz Gallástegui xa loce as liñas do código de barras despois de que durante a noite deste venres os operarios levasen a cabo o pintado do pavimento

A proposta do goberno local para a reforma desta rúa busca que con este deseño sexa recoñecible desde o aire, xa que estas barras recollen o nome da rúa neste código a través do lector correspondente, do mesmo xeito que xa sucede na pasarela de Loureiro Crespo, obra do anterior goberno municipal. 

A reforma da rúa ten como obxectivo reforzar o carácter peonil e crear zonas de estancia, coa incorporación de novos bancos. Esta zona non incluirá o pintado de espazos para carga e descarga ou servizos, aínda que se manteñan estas zonas. 

A velocidade estará limitada a 20 quilómetros por hora nun espazo de plataforma única