Ponte Caldelas instala fontes desinfectantes nos polos comerciais da vila

Ponte Caldelas
29 de abril 2020

Os dispositivos contan cun depósito de cinco litros de xel desinfectante e o chafariz actívase pisando un pedal para evitar a manipulación dos mesmos

Instalación de fontes desinfectantes en Ponte Caldelas Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas instalará sete fontes desinfectantes nas zonas máis transitadas da vila. Co obxectivo de dar pioridad a hixiene de mans de todas as persoas que realicen compras no municipio, instalará dispensadores en puntos estratéxicos como as contornas do Supermercado Froiz, Día, Praza de Abastos, na Praza de España, Praza do Bispo, Paseo da Calzada e fronte ao Pipeiro. 

Os traballadores municipais instalaron este mércores os primeiros surtidores nas proximidades dos supermercados e a Farmacia. A intención do goberno local é que as persoas desinfecten as súas mans antes e despois de entrar nos establecementos para previr posibles contagios.

Desde o Concello destacan que a idea de instalar este tipo de fontes partiu dos operarios municipais, que se encargaron de deseñalas e instalalas "en tempo récord".

Contan cun dispensador e para activalo só é necesario pisar un pedal evitando así o contacto manual. O depósito de xel é de cinco litros.