Pontevedra celebra o Día Internacional dos Arquivos

Pontevedra
02 de xuño 2025
Actualizado: 10:42

Será unha xornada de portas abertas que inclúe unha visita guiada e mostra de documentos "Imos á escola". Ademáis haberá unha conferencia e unha velada musical

Curso escolar 1958-1959 Fondos gráficos do Servizo de Patrimonto Documental e Biblográfico da Deputación

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra organiza este venres un programa de actividades co gaio do Día Internacional dos Arquivos.

Será unha xornada de portas abertas que ás 12.00 horas inclúe unha visita guiada e mostra de documentos "Imos á escola: un percorrido pola historia do ensino na provincia de Pontevedra".

Ademáis haberá unha conferencia e unha velada musical.

Ás 19:00 horas será a conferencia, con asistencia presencial e emisión en directo en Youtube, "Cultivando letras, tecendo saberes e navegando entre historias. A educación en Galicia (séculos XVII-XIX)", impartida por Ana María Sixto Barcia, profesora de Historia Moderna da Universidade de León.

A velada musical virá da man de Pauliña, cantautora galega que mistura o country co folk, rock e blues.