Pontevedra estreará dous novos eurotaxis

Pontevedra
23 de setembro 2016

O Concello de Pontevedra celebrou este venres a comisión de valoración das axudas para mercar taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida "eurotaxis". Os beneficiarios foron dous dos tres taxis que solicitaron estas axudas, en concreto os de maior antigüedade

Taxi adaptado ante o Concello de Marín Concello de Marín

O Concello de Pontevedra celebrou esta mañá a comisión de valoración das axudas para mercar taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida "eurotaxis". Os beneficiarios foron dous dos tres taxis que solicitaron estas axudas, en concreto os de maior antigüidade.

A subvención está suxeita a unha partida global de 10.000 euros e o importe máximo de cada subvención será de 5.000 euros.

O obxectivo da convocatoria é fomentar que os titulares das licenzas de taxi do Concello de Pontevedra adapten os seus vehículos para o transporte de persoas con mobilidade reducida, de xeito que se dea cumprimento á normativa de aplicación.

Podían optar a esta subvención os titulares dunha licenza de taxi que adquiran a propiedade dun vehículo novo adaptado ou adapten un vehículo que xa sexa da súa propiedade, dende o 1 de xaneiro de 2014.

O concelleiro de Mobilidade, Luís Bará mantivo nestes últimos meses reunións tanto co colectivo de taxistas así como con as entidades de persoas con mobilidade reducida para explicarlles as bases da convocatoria e introducir as melloras que eles consideraran precisas.

Tamén lembrou que existe un acordo plenario para pór en marcha esta liña de subvencións, pero tamén o propio goberno local está interesado en activala, dado que sería a única maneira de que os taxistas poidan custear a adaptación dos seus vehículos xa que se trata de sistemas moi custosos.