Fol de Lume, Caos Harmónico e Arroww, as tres bandas que participaron na primeira edición do programa Poio Sesións, amosaron este sábado o seu talento musicial na carpa Poio Máxico na Seca.
Foi durante un concerto que serviu para pechar este programa municipal de aceleración musical.
As tres bandas subiron ao escenario para amosar ao público todo o traballo feito durante as últimas semanas e, tal e como destacan desde o Concello, a actuación serviu para "despexar todas as incógnitas non só coa calidade do seu directo, senón tamén sobre a súa música, letras e vídeoclips".
O alcalde, Ángel Moldes, sinalou que foi un concerto "moi esperado e emocionante" despois de tantas semanas facendo seguimento aos avances das bandas co produtor musical e coa gravación das súas maquetas e dos vídeoclips
Moldes indicou que este proxecto "naceu con moita ilusión" para apoiar ás mozas e mozos que hai en Poio con gran talento e "o resultado non puido ser máis gratificante, xa que amosa toda a paixón que senten pola música".
A banda de música folk Fol de Fume, integrada por Juan Segundo García, David Esperón, Víctor Arís, Gael Búa, Álvarez Pérez, Daniela Ferreiro, Noa Muñiz, Miguel López, Nadir Arís e Roberto Sánchez, foi a encargada de abrir o concerto coa súa canción 'Camiños sen final', letra e música de Juan A. Pérez e Roberto Sánchez.
A continuación, foi quenda de Caos Harmónico, a banda de rock que está integrada por Noa Casas, Felipe Arias, Sofía Magdalena, Sara Rodiño, Isaac Armando Hortas, Clara Alonso, Marta Puime e Daniel Montenegro, que interpretaron 'Son de Poio', con letra e música de Héctor Sartal.
Pecho a actuación Arroww, Álex Esperón Casás. Colleu os mandos do DJ Set para interpretar 'Eco Ancestral'.