Protesta do personal de limpeza na Brilat coincidindo coa festividade militar

Pontevedra
08 de decembro 2014

"Cleanet non paga, Defensa solución, Queremos a paga, queremos cobrar" ou "Defensa ampara empresa pufeira", foron algunhas das consignas berradas por este grupo dunhas 30 persoas concentrábase con bandeiras e pancartas á entrada do recinto castrense convocadas polo sindicato CIG

Protesta das traballadoras de Cleanet ás portas da Brilat
Protesta das traballadoras de Cleanet ás portas da Brilat

O persoal da empresa Cleanet, concesionaria da limpeza das dependencias militares de Pontevedra, desenvolveu este luns unha nova protesta ás portas da Base da Brilat, en Figueirido, para reclamar o pagamento dos salarios pendentes.

"Cleanet non paga, Defensa solución, Queremos a paga, queremos cobrar" ou "Defensa ampara empresa pufeira", foron algunhas das consignas berradas por este grupo dunhas 30 persoas concentrábase con bandeiras e pancartas á entrada do recinto castrense convocadas polo sindicato CIG.

Os traballadores da empresa Cleanet, adxudicataria dende abril de 2013 do servizo de limpeza nas instalacións do Ministerio de Defensa a nivel estatal, non paga os salarios do persoal dende hai dous meses.

A secretaria comarcal da Federación de Servizos, Diana Rodríguez, anunciou que a CIG se dirixirá esta semana ao BNG para que interpele o ministro de Defensa no Congreso, a propósito dos non pagamentos de Cleanet.

Nos próximos días tamén se organizarán novos actos de protesta ante a Escola Naval Militar de Marín e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra. Ademais convocarán paros parciais e desprazaranse ata Ferrol para participar na manifestación organizada polas súas compañeiras. En toda Galicia son un total de 90 traballadoras os afectados polos non pagamentos desta concesionaria.