O grupo municipal do PSOE alerta das "montañas de lixo" acumuladas nos túneles existentes baixo a ponte da rúa Rosalía de Castro.
Estes espazos se empregaban no seu día como galerías para facilitar o mantemento e os servizos neste último treito do Gafos, pero na actualidade convertéronse en "preocupantes focos de insalubridade" para a veciñanza que sae a pasear pola senda a carón do río.
Segundo denuncian, acumúlanse nestes espazos colchóns, cartóns de viño, bolsas, botellas de plástico, entullos ou pezas de electrodomésticos.
Consideran que é unha "lamentable situación" da que xa alerta desde hai un tempo o grupo municipal do PSOE. A veciñanza do ámbito da Tablada e de Rosalía de Castro tamén llo trasladaron ao seu portavoz, Iván Puentes, en reunións mantidas sobre o terreo.
El PSOE exhorta ao goberno local "a desenvolver canto antes un zafarrancho de limpeza profunda destes túneles e do seu contorno".
Ademáis, Puentes urxe ao alcalde "a cumprir co pactado para a aprobación dos orzamentos de 2025 e, polo tanto, a executar de xeito perentorio o proxecto que os socialistas impulsamos (cunha partida concreta de 50.000 euros) para a recuperación e restauración ecolóxica do río dos Gafos, no treito comprendido entre Rosalía de Castro e a súa desembocadura nas Corvaceiras".
Segundo explica Iván Puentes, a xeración destes "vertedoiros incontrolados" e a necesidade de intervir neste ámbito do Gafos é unha preocupación que as persoas residentes na zona lle veñen demandando de xeito recorrente.
A cuestión tamén foi plantexada polos concelleiros socialistas na Comisión de Mobilidade, preguntándolle ao edil nacionalista César Mosquera se está planificada algunha acción específica no marco do proxecto de renaturalización do Gafos para eliminalos, sen que polo momento se obtivese ningunha resposta concreta ao respecto.