RADIO.- As Conversas na Ferrería volven poñerse en "modo Eurovisión"

Pontevedra
11 de maio 2018

Este próximo 12 de maio celébrase a final do Festival de  Eurovisión 2018. Nas Conversas na Ferrería volvemos reunir a  eurofans, seguidores e profundos expertos sobre o concurso. Ademais a xornalista pontevedresa Julia Varela, que por cuarto ano consecutivo comentará o Festival para España, conta en PontevedraViva Radio as súas impresións nestes días previos desde Lisboa

Nas Conversas na Ferrería falamos de Eurovisión 2018 PontevedraViva

Contamos con catro xornalistas para falar por segundo ano consecutivo en PontevedraViva Radio do Festival de  Eurovisión: Tino Domínguez,  Antón Prieto, Luís Miguel Alonso e  Alejandra Iannone.

Esta edición 68 celébrase en Lisboa e desde alí súmase tamén ás Conversas na Ferrería outra xornalista pontevedresa, Julia Varela. O noso compañeiro Alejandro Espiño charla con ela sobre as impresións e experiencias destes días previos á final.

Durante a distendida charla fálase dos 43 países participantes, dos que 26 chegarán á final; de estéticas, postas en escena, cancións mellor posicionadas en apostas ou a organización do evento por parte de Portugal.

Ademais de numerosos datos e referencias de pasadas edicións - grazas ao profundo coñecemento que sobre o evento teñen os interlocutores - tamén se evidencia na conversación a evolución en múltiples ámbitos que este festival foi experimentando desde os seus inicios.

Chequia, Italia e Israel son os favoritos de Antón; Luís decántase por Chipre, Francia e LituaniaAlejandra por Israel, Chipre e Francia; mentres que Tino avoga por Chipre, Israel e Irlanda. Todos coinciden en que Amaia e Alfred con "Tu canción" non superarán a metade da clasificación.