RADIO.- 'Boomer o último' trae a única resaca que non che deixa malestar

Pontevedra
22 de outubro 2023

Marcial Outeda e Jesús Fontanes levan a esta edición do podcast 'Boomer o último' eses días en que a festa ... foise das mans. Humor e resacas xa dispoñible para escoitar ou descargar na web de PontevedraViva Radio

'Boomer o último' non está de festa, está de resaca PontevedraViva

"Nunca máis!", que levante a man quen non ten dita esta frase nun día de resaca; que haber, haberá. Non é o caso dos protagonistas de 'Boomer o último' que si o saben; así que Marcial Outeda e Jesús Fontanes traen unha edición resacosa. 

Un programa dedicado a ese día de despois dunhas copas de máis e mesmo a eses días, porque como iredes descubrindo, a medida que a idade se incrementa, os días de recuperación tamén aumentan. Non é un programa de apoloxía do alcol, nin moito menos, é outro podcast con moita retranca e experiencias propias e alleas, ou iso din.

Así que xa está dispoñible para descargar este capítulo na web de PontevedraViva Radio e tamén se pode escoitar desde a ligazón que se adxunta.