RADIO.- Espérase un importante número de público estranxeiro para o XXV Festival Internacional de Jazz

Pontevedra
14 de xullo 2017

PontevedraViva Radio non falta á veterana e esperada cita estival do Festival Internacional de Jazz de Pontevedra. Esta vixésima quinta edición suscitou sobresaínte interese entre o público estranxeiro. Escoitamos e detallamos os seus eventos e concertos xunto a dous dos seus organizadores

Alberto Lastres e Lois Carballo detallan en PontevedraViva Radio o Festival Internacional de Jazz
Alberto Lastres e Lois Carballo detallan en PontevedraViva Radio o Festival Internacional de Jazz / Mónica Patxot

Para que o público se faga unha idea da talla dos artistas que ano a tras ano actúan en Pontevedra. A organización do Festival Internacional de Jazz e Blues traballa con dous anos de anticipación sobre os concertos para celebrar. Trátase do máis selecto e solicitado destes estilos, cun engadido diferenciador sobre outros festivais similares: en Pontevedra son en espazos abertos e gratuítos.

Estas dúas circunstancias fan case incrible que sexa posible ofrecer este tipo de concertos. Así llo trasladan a Alberto Lastres - responsable de comunicación do festival -, afeccionados nacionais e estranxeiros que viaxan durante eses días a Pontevedra para non perderse a estes músicos e cantantes.

Nesta vixésimo quinta edición, o peche de programa ofrecerao Gregory Porter o 26 de xullo e a previsión é que a afluencia de público estranxeiro sexa considerable. En bo número de Portugal.

Luís Carballo, outro dos organizadores do festival, comenta nas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radio que precisamente o país veciño é en parte protagonista dos concertos que se ofrecerán na praza do Teucro; xa que é na Universidade de Lisboa onde se está consolidando a traxectoria dos músicos galegos que foron despuntando no Seminario Permanente de Jazz.

Tamén o jazz europeo terá a súa cota de protagonismo entre o 21 e o 26 de xullo. "Será algo así como unha fusión París Pontevedra", por que di isto Luís Carballo?, a resposta en PontevedraViva Radio.