RADIO.- Nacho Mañó de Presuntos Implicados acompaña a Gustavo Almeida na Ferrería

Pontevedra
17 de agosto 2017

Este xoves 17 de agosto, Gustavo Almeida actúa na praza da Ferrería, dentro do programa das festas da Peregrina. Vai estar acompañado de Nacho Mañó, produtor do seu próximo disco e membro de Presuntos Implicados. Hora e media máis tarde, na praza de España, subirán ao escenario Alaska e Nacho Canut, Fangoria. E o vindeiro domingo 20, Tamara pechará estes concertos festivos. Con todos, charlamos en PontevedraViva Radio

Gustavo Almeida, Fangoria e Tamara no Cara a cara de PontevedraViva Radio.

O próximo disco de Gustavo Almeida aínda non ten nome. O tempo dirá se a aposta de PontevedraViva Radio é acertada. "Dezasete". O 17 de agosto de 2000, Presuntos Implicados actuaba na praza da Ferrería de Pontevedra. 17 anos despois exactamente, o 17 de agosto de 2017, un dos seus compoñentes, Nacho Mañó, sóbese a este mesmo escenario acompañando a Gustavo Almeida, ao que produciu este inminente cuarto traballo musical. E...casualidades do destino...outro 17 no seu camiño...o que Gustavo pasouse por alto a primeira vez que foi ao bingo...e co que puido cantar iso mesmo.

Este brasileiro leva 20 anos residindo en Pontevedra. Ellen de Lima, a súa nai, cantante e actriz, inculcoulle a atracción pola arte musical. Leva nesta profesión desde 2005 e en setembro sairá o primeiro single do seu novo disco. Antes, toca escoitar ao cantante e compositor, cun acompañamento de luxo, neste directo da Ferrería.

Este mesmo día, unha hora e media despois, será Alaska e Nacho Canut, Fangoria quen congregue ao público na praza de España. Están de xira con "Cancións para robots románticos", aínda que "haberá temas míticos e de discos anteriores". Como lembra Alaska, en 2011 foi a súa última actuación nas festas da Peregrina. Un peche de festa no que caeu unha sonora tromba de auga. Eles aguantaron o ballón, e o seu público tamén. Quen consiga primeira fila, que se fixen nos seus brazos e na tatuaxe de Divine, escoita este Cara a cara de PontevedraViva e saberás o porqué.

E para pechar o programa, uns minutos de charla con Tamara, a artista de música melódica que pechará o domingo 20 de agosto os concertos da Peregrina. Bolero, rancheira, temas de homenaxe a Juan Carlos Calderón, a Roberto Carlos...e tamén do seu último traballo e presente xira: O que cala a alma.