Rafa Domínguez asegura estar "preparado para gobernar" e lograr que Pontevedra "pase página" de Lores

Pontevedra
29 de maio 2025
Actualizado: 13:20

Nun almorzo informativo, no que debullou as liñas sobre as que pivotará a súa proposta política, o líder do PP sostivo que a cidade "merece salir de su estancamiento" actual

Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP, acompañado por sete dos seus dez concelleiros

Cando quedan aínda dous anos para as próximas eleccións municipais, os partidos moven ficha. E si hai apenas dúas semanas que Miguel Anxo Fernández Lores confirmaba que optará á reelección como alcalde, agora é Rafa Domínguez o que marca o terreo.

"Mi intención personal y política es presentarme", avanzou Domínguez, que asegurou que "tengo el convencimiento de que seré el próximo alcalde", tarefa para a que afirma que conta co "respaldo" do PP a nivel local, provincial e autonómico.

Nun almorzo informativo, no que debullou as liñas sobre as que pivotará a súa proposta política, o líder popular sinalou que está "preparado para gobernar" e que o seu obxectivo é que Pontevedra "pase página" de Lores despois de case tres décadas.

O "desgaste" que aprecia no actual alcalde "es evidente", subliñou Rafa Domínguez, para quen a cidade "merece salir de su estancamiento" e aproveitar as oportunidades que, nestes momentos, "se están dejando pasar".

Aos seus 49 anos recentemente cumpridos, Domínguez destacou que se atopa no seu "mejor momento personal y político"e que ten "fuerza y ganas", experiencia na xestión e un "grandísimo" equipo para liderar a Pontevedra, pola que afirma sentir un "amor enorme".

Pepa Pardo, Rafa Domínguez e Guille Juncal, nun almorzo informativoMónica Patxot

Os populares representan, segundo o seu xefe de filas, o "cambio y modernidad" que necesita Pontevedra fronte a un proxecto político, o do BNG, que aprecia "agotado y estancado".

Durante a súa intervención, o portavoz do PP, que estivo acompañado por case todos os seus concelleiros -dous deles non puideron acudir por motivos laborais-, avanzou as prioridades que se marcará o goberno municipal que quere encabezar a partir de 2027.

Así, entre outras cuestións, detallou que xunto coa reapertura de Raíña Vitoria, encargará un estudo global do tráfico, creará novos aparcadoiros disuasorios, reforzará o transporte público e impulsará un gran parking público en Montecelo.

Aprobar un novo PXOM para "deseñar a Pontevedra do futuro", modificar o plan de protección do centro histórico, ampliar o polígono do Campiño, avanzar na integración do campus na cidade ou crear novas áreas industriais serán outros dos seus eixos de traballo.

A iso sumou un plan de actuación para resolver o "abandono" de barrios e parroquias, con especial atención a Monte Porreiro, A Parda e O Gorgullón, resolver as inundacións en Fernando Olmedo ou aprobar rebaixas fiscais para atraer talento emprendedor e empresas.

Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP en PontevedraMónica Patxot

Domínguez sostivo que traballará tamén para resolver o déficit de equipamentos deportivos, "reformular" o pavillón de Monte Porreiro e ampliar as axudas aos clubs, así como en dragar o Lérez e reformar toda a zona de Beiramar para "abrir Pontevedra a la ría".

Outras das súas prioridades serán solucionar o "problema grave" que ve na convivencia e seguridade, reforzando o persoal da Policía Local, reactivar o comercio de proximidade ou solucionar o conflito laboral no Concello e a falta de limpeza que aprecia na cidade.