Recoñece unha agresión sexual a unha amiga en Vilanova a pesar de que ela "dicía insistentemente que parase"

O Salnés
09 de decembro 2025

O acusado acepta dous anos de condena, aínda que non irá a prisión coa condición de non delinquir e non aproximarse á súa vítima durante catro anos e participar nun programa de educación sexual

Sala de vistas da Audiencia de Pontevedra Mónica Patxot

Un home de 37 anos recoñeceu na Audiencia Provincial de Pontevedra que en novembro de 2019 cometeu un delito agresión sexual do que a vítima foi unha amiga que se opuxo "insistentemente" a manter relacións sexuais con el.

O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía e coa acusación polo que se reduciu a pena de prisión. Finalmente, foi condenado coa súa conformidade a dous anos, aínda que poderá eludir o ingreso.

Froito dese acordo, suspéndese a pena de prisión coa condición de que non delinca durante catro anos e de que cumpra durante ese tempo coas condicións de non aproximarse a menos de 100 metros da súa vítima , o seu domicilio, lugar de traballo ou calquera outro frecuentado por ela, así como de comunicarse con ela por calquera medio.

Ademais, si quere evitar ir a prisión deberá participar nun programa de educación sexual.

Os feitos ocorreron en Vilanova de Arousa no domicilio do acusado, ao que a vítima, dez anos menor que el, acudiu para conversar con el sobre un incidente do día anterior. El envioulle unha mensaxe de WhatsApp onde lle dicía "eres una pequeña y asquerosa putita".

Tal e como recolle a sentenza da sección cuarta da Audiencia, ambos estaban na habitación del cando, nun momento dado, "agarrouna das bonecas, cuspiulle na cara" e empezou a espila e realizarlle tocamentos a pesar dela "dicía insistentemente que parase e deixásea irse".

"Sen atender aos seus rogos", segundo el mesmo recoñeceu, tapoulle a boca, agarrouna pola garganta e agrediuna sexalmente "mentres a muller seguía pedíndolle que parase".

Como consecuencia destes feitos, a súa vítima presentou síntomas compatible co trastorno de tensión postraumática, con relevante ansiedade, condutas de evitación, sintomatología depresiva, sentimentos de estigmatización, gran illamento, restrición social, tristeza, culpa e desamparo, que requiriron de tratamento psiquiátrico e psicolóxico.

Os feitos ocorreron o día 28 de novembro de 2025, aínda que chegaron a xuízo en Pontevdra o 9 de outubro de 2025.

A sentenza condénao como autor dun delito de agresión sexual no que se aplican as atenuantes de reparación do dano e de dilacións indebidas.

Ademais da pena de prisión que poderá eludir, condénano a sete anos de inhabilitación especial para calquera profesión, oficio ou actividade, sexan ou non retribuidos, que leve contacto regular e directo con persoas menores de idade e prohibición de aproximarse á súa vítima ou comunicarse con ela durante dez anos.

Impúxoselle tamén cinco anos de liberdade vixiada e unha responsabilidade civil de 20.000 euros polo tratamento psicolóxico e danos morales. O acusado xa consignou esa cantidade no xulgado.