Retiran un niño de avespa velutina do interior dun nicho

O Salnés
05 de outubro 2016

Ademais de acudir ao cemiterio de Santa Mariña, a agrupación de Protección Civil de Cambados tamén actuou na parroquia de Vilariño

Niño de vespa asiática nun nicho do cemiterio de Santa Mariña, en Cambados
Niño de vespa asiática nun nicho do cemiterio de Santa Mariña, en Cambados / Protección Civil de Cambados

"Non damos abasto", afirman desde a agrupación de Protección Civil de Cambados.

Cada día multiplícanse as chamadas de aviso polo descubrimento de novos de niños de avispa velutina, e xa non só na comarca do Salnés xa que moitas veces dan asistencia na comarca de Arousa xa que contan cos traxes especificos para traballar coa avespa asiática.

A deste martes foi unha xornada singular xa que un dos avisperos foi localizado nun nicho do cemiterio de Santa Mariña. Horas máis tarde acudiron a Vilariño por outro niño.

Este mércores xa teñen tarefas pendentes, será na zona dos Caeiros onde atoparon un avispeiro a 12 metros de altura.

Arquivado en