Seixo prepárase para as súas festas de verán

Marín
17 de xullo 2021

Os concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage presentaron a programación festiva da parroquia acompañados de Manuel Solla, tesoreiro da Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS)

Presentación das festas de verán de Seixo Concello de Marín

Despois dos días grandes das Festas do Carme, Seixo prepárase para coller a testemuña nas celebracións o venres 23 e o sábado 24 de xullo.

Os concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage presentaron a programación festiva da parroquia acompañados de Manuel Solla, tesoureiro da Asociación de Comerciantes Marín Sur (ACEMAS).

As actuacións, a música e as actividades infantís serán protagonistas destas festas.

Así, esta previsto que o venres 23 ás 23.00 horas a contorna da Praza de Abastos conte coa animación musical do grupo Los Coleguitas. Pola súa banda o sábado de 11.00 a 14.00 horas haberá actividades infantís na Alameda e a partir das 12-30 horas ambientación musical a cargo de Os Saljariteiros na Praza de Seixo.

Por último, xa de noite, a Banda de Música Musimarín ofrecerá un concerto ás 21.00 horas e máis tarde, ás 23.00 horas, será o grupo Raúl & Cía o encargado de poñer o peche á programación na contorna da Praza de Abastos.