Solicitan á Xunta que empece as obras da PO-234 polo tramo Ponte Caldelas-Laxoso

Ponte Caldelas
12 de setembro 2016

"O tramo que vai dende Ponte Caldelas a Laxoso é con diferencia o tramo máis perigoso polas curvas sinuosas e o estreito que é o tramo, mentres que o tramo de Aguasantas a Portasouto, ainda que tamén lle fai falta o arranxo xa foi ancheado anos atrás", dixeron

Plataforma de afectados pola PO-234 e a Asociación de vecinos de Aguasantas Plataforma de afectados por la PO-234

A plataforma de afectados pola PO-234 e a asociación de vecinos de Aguasantas reuníronse este domingo para falar do proxecto de arranxo desta estrada.

Estas organizacións coincidiron en solicitar á Xunta que empece as obras polo tramo que vai de Ponte Caldelas a Laxoso "por un motivo máis que lóxico, a seguridade", dixeron.

"O tramo que vai dende Ponte Caldelas a Laxoso é con diferencia o tramo máis perigoso polas curvas sinuosas e o estreito que é o tramo, mentres que o tramo de Aguasantas a Portasouto, ainda que tamén lle fai falta o arranxo xa foi ancheado anos atrás", dixeron.

Tamén quixeron deixar constancia que non teñen "ninguna vinculación política".

Arquivado en