Stock Pontevedra fai un exitoso balance de público e de vendas

Pontevedra
03 de febreiro 2014

A asociación Centro Comercial Urbano-Zona Monumental trasladou a súa "satisfacción" polo desenvolvemento da última edición da feira de oportunidades Stock Pontevedra que se celebrou este fin de semana cun exitoso balance de público e de vendas

Stock Pontevedra 2014 Mónica Patxot

A asociación Centro Comercial Urbano-Zona Monumental trasladou a súa "satisfacción" polo desenvolvemento da última edición da feira de oportunidades Stock Pontevedra que se celebrou este fin de semana cun exitoso balance de público e de vendas.

Mónica Tomé, xerente do CCU, informou que este ano se puideron superar os 20.000 visitantes, "como siempre las tardes son más animadas", e igualmente a afluencia de público vai crecendo durante os tres días. "La tarde del domingo fue impresionante", destacou.

"Resulta complicado hacer un balance económico sobre los resultados de ventas ya que los vendedores son reacios a comentar sus cifras", apuntou Mónica Tomé, pero hai dous detalles poden servir como indicadores, por unha parte foron moitos os comerciantes que xa trasladaron aos organizadores a súa intención de repetir presenza para o próximo ano "si es posible con más espacio", e por outra parte, resultaba raro encontrar alguén sen bolsas na man con algunha compra "ya fuese queso o chorizo, la fregona mágica, calzado o ropa".

Dende CCU-Zona Monumental tamén destacaron que "la calidad y los buenos precios" son os principais ingredientes que contribúen a que Stock Pontevedra consolidouse como "una feria de oportunidades de referencia".