Tres detidos nunha operación antidroga no Salnés

O Salnés
06 de outubro 2022

Polo menos tres persoas foron detidas este mércores nunha operación antidroga despregada na comarca do Salnés na que tamén se incautaron dous quilos de cocaína e diñeiro en efectivo, entre outros efectos. Practicáronse rexistros nun piso da Avenida de Vilagarcía de Cambados e nunha vivenda de Caleiro, en Vilanova

Policía Nacional Mónica Patxot

Polo menos tres persoas foron detidas este mércores nunha operación antidroga despregada na comarca do Salnés na que tamén se incautaron dous quilos de cocaína e diñeiro en efectivo, entre outros efectos. Practicáronse rexistros nun piso da Avenida de Vilagarcía de Cambados e nunha vivenda de Caleiro, en Vilanova.

Segundo fontes da investigación, dous dos arrestados son veciños de Vilanova de Arousa e contan con antecedentes policiais.

No operativo participaron axentes da EDOA e o grupo GRS da Garda Civil da Coruña e de Pontevedra e a Udyco da Policía Nacional de Pontevedra. 

A investigación está baixo secreto sumarial.