Un peón ferido grave tras ser atropelado cando cruzaba por un paso de peóns en Combarro

Poio
08 de xullo 2023

A Policía Local de Poio informou dun accidente de tráfico ocorrido este sábado, sobre as 13:00 horas, na Avenida da Cruz, en Combarro, na estrada autonómica PO-308

Un peón ferido grave tras ser atropelado cando cruzaba por un paso de peóns en Combarro Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio informou dun accidente de tráfico ocorrido este sábado, sobre as 13:00 horas, na Avenida da Cruz, en Combarro, na estrada autonómica PO-308. 

Segundo relatou, un turismo atropelou a unha persoa veciña de Poio cando cruzaba polo paso de peóns, resultando con lesións. 

O ferido foi trasladado nunha ambulancia do 061 ata un centro sanitario en "estado grave". 

"Agora investigamos a causa do accidente, que se puido ser por unha imprudencia", declararon desde a xefatura da Policía Local que xa iniciou as dilixencias para trasladar ao xulgado. 

O vehículo circulaba dirección Sanxenxo-Pontevedra. O condutor foi sometido ás probas de alcoholemia dando resultado negativo.

Como consecuencia do suceso a circulación estivo regulada durante un tempo con tráfico alternativo entre os dous carrís, o que provocou que por momentos a circulación fose lenta.