Unha gran tirada de fogos artificiais culminará unha fin de semana festiva en Marín

Marín
14 de xullo 2023

A pista americana da Escola Naval servirá de emprazamento para o despregamento pirotécnico de forma que nesta ocasión non se cortará o Paseo Alcalde Blanco

Fogos de artificio nas Festas do Carme de Marín Concello de Marín

Marín entra nunha fin de semana plenamente festiva que terá na xornada do domingo, día do Carmen, a súa data álxida. O sábado comeza con pasacalles ás 11.30 horas. Ás 20.30 horas a batucada tomará as rúas da localidade e ás 22.00 horas a Alameda acolle un espectáculo infantil a cargo de Migallas. Ás 23.00 horas na Praza de España verbena coa Orquestra Galilea.

Para o domingo 16, a misa en honra á Virxe do Carmen será ás 12.30 horas na Igrexa Santa María do Porto e intervirá a Coral Lembranzas. Polas tarde ás 18.30 horas a ofrenda floral sairá do edificio consistorial e media hora despois, procesión coa Banda de Música de Marín e Os Chaneiros. Ás 21.00 horas sesión de contacontos a cargo de Polo Correo do Vento e ás 23.00 horas, verbena coa Orquestra Kubo na Praza de España.

Para culminar o programa elaborado polo Concello marinense, o espectáculo pirotécnico previsto para a medianoite do domingo estará situado na pista americana da Escola Naval Militar. O cambio evitará cortar o acceso ao Paseo Alcalde Blanco, como se facía ata o de agora. Esta novidade permitirá que este Paseo, a zona da Rúa do Forte ata o entroncamento co vial das praias pasen a ser os mellores lugares para seguir esta gran tirada de fogos artificais.