Unha hostaleira pontevedresa, trala morte do seu pai por COVID-19, pide á ministra de Traballo axuda para os seus empregados

Pontevedra
16 de abril 2020

"Este domingo el COVID-19 ya se llevó a Fernando, mi padre. No permita que se lleve, también, mi futuro y el de las familias de mis empleados". Así finaliza Marta García Justo a carta desesperada que acaba de enviarlle á ministra Yolanda Díaz

Marta García Justo, propietaria de Meigas Fóra Mónica Patxot

"Este domingo el COVID-19 ya se llevó a Fernando, mi padre. No permita que se lleve, también, mi futuro y el de las familias de mis empleados". Así finaliza Marta García Justo a carta desesperada que acaba de enviarlle á ministra de Traballo, a galega Yolanda Díaz.

Na misiva, e coa emoción da recente perda, fai un relato sereno da súa traxectoria profesional, marcada pola crise. A mesma que a obrigou a reinventarse en 2009, tras vinte anos traballando nun estudo de arquitectura como delineante. O seu tesón e a necesidade levárona a montar un restaurante, o Meigas Fóra, no que "a día de hoy he conseguido formar un equipo de trabajo, en el que confío plenamente, formado por un cocinero y tres camareros. Todos ellos con contrato de trabajo indefinido a jornada completa, acorde al Convenio de Hostelería".

"Y en esto llegó el COVID-19", continúa a carta, "en el peor momento del ciclo de trabajo, finalizando el invierno, y a la espera de la ansiada Semana Santa que nos permitiría encauzar la curva, maldita palabra hoy, ascendente de la facturación".

A hostaleira pontevedresa só lle pide á ministra de traballo que o diñeiro destinado a compensar a redución de ingresos nas empresas polas medidas impostas polo estado de alarma chegue pronto ao seu destino. Tanto a ela, como propietaria, que solicitou a prestación extraordinaria de Cesamento de Actividade dos Traballadores Autónomos por  COVID-19, como aos seus traballadores, para os que "exhausta de liquidez y con el mayor de los temores no queda otro remedio que acudir al ERTE".

Marta García Justo escribe esta carta porque xa esgotou todos os recursos administrativos posibles "gracias a una labor ingente de la asesoría que nos atiende, en medio del marasmo regulatorio". A esperanza está agora en que a súa historia poida chegar á ministra Díaz e conseguir salvar o seu negocio e os postos de traballo, "esos puestos que tienen las vidas de las familias detrás".