Vendidos en Combarro catro décimos do 01568, un dos quintos premios da Lotería de Nadal

Poio
22 de decembro 2023

Combarro volve estar tocado pola sorte. Tras vender un décimo do Gordo o pasado ano, neste sorteo extraordinario da Lotería de Nadal repartiu, polo menos por agora, un dos quintos premios.  É o que recaeu no número 01568 que, como corresponde, supón 6.000 euros por décimo

01568, quinto premio no sorteo extraordinario de Nadal PontevedraViva

Combarro volve estar tocado pola sorte. Tras vender un décimo do Gordo o pasado ano, neste sorteo extraordinario da Lotería de Nadal repartiu, polo menos por agora, un dos quintos premios. 

É o que recaeu no número 01568 que, como corresponde, supón 6.000 euros por décimo.

Foi vendido no restaurante Hogar del Puerto, situado na Baixada á Chousa, onde segundo datos de Lotería Nacional despacháronse catro décimos deste número. Iso supón, por tanto, 24.000 euros en total.

Este número, que tamén estivo moi repartido por toda España, despachouse tamén noutras dúas localidades pontevedresas, Vigo e O Porriño.