VÍDEO.- Así de perigoso é circular pola PO-234 ao seu paso por Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
08 de novembro 2016

Ponte Caldelas será o escenario este próximo domingo, día 13, dunha nova protesta para reclamar da Xunta de Galicia o arranxo integral da estrada PO-234, unha das máis perigosas da Rede Autonómica

VÍDEO.- Perigos ao circular pola PO-234 Concello de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas será escenario este próximo domingo 13 dunha nova marcha de protesta para reclamar da Xunta de Galicia o arranxo integral da estrada PO-234, un dos viais máis perigosos da Rede Autonómica de Estradas.

A protesta foi organizada conxuntamente pola plataforma veciñal e polo Concello de Ponte Caldelas. A manifestación partirá ás 12.30 horas desde a Casa do Pobo de Laxoso e realizará un percorrido ata o centro de Ponte Caldelas, baixando polo perigoso trazado ata regresar ao momento de partida.

A caravana de vehículos estará encabezada por un furgón do Concello e nela participarán todos os veciños que queiran sumarse cos seus turismos particulares. Portarán carteis reivindicativos e farán soar os seus cláxons.

Será a segunda marcha popular en contra da decisión da consellería de Infraestruturas de acometer as obras de acondicionamento desta estrada só no tramo correspondiente ao municipio de Cerdedo-Cotobade, sen afrontar o tramo de Ponte Caldelas, onde se atopan as conflitivas curvas de Laxoso.

Estes veciños da zona gravaron un vídeo no que se comproba o perigo desa estrada no traxecto dun camión madeireiro. Obsérvase a imposibilidade de que os vehículos pesados circulen sen invadir o carril contrario. O vídeo está a distribuírse polas redes sociais.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, pedirá unha entrevista ao novo responsable da consellería de Infraestruturas en canto se anuncie a composición do novo goberno galego.

Arquivado en