'As voces do futuro' reivindican o 8M en Bueu

Bueu
06 de marzo 2026

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra foi protagonista do acto institucional do Concello de Bueu con motivo do Día Internacional da Muller

Acto institucional en Bueu co gallo do 8M Concello de Bueu

O Concello de Bueu celebrou este venres o acto institucional con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada ano o 8 de marzo.

O protagonismo do acto foi para o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra, lendo a declaración institucional 'As voces do futuro'.

"Lembramos a todas as mulleres que tiveron que loitar polos dereitos que agora nos parecen básicos: estudar, traballar, votar decidir... pois nós somos as voces do futuro e o futuro empeza hoxe", sinalaron.

Entre as súas demandas, as nenas e nenas pediron que "en todos os países haxa igualdade", ou que homes e mulleres "sexan tratados por igual cando deciden participar nun deporte".

O acto arrincou coa intervención do alcalde, Félix Juncal, afirmando que "temos unha xeración de mozos e mozas que vai interiorizando eses valores tan importantes das persoas" y destacando el papel que juegan los centros educativos, además de insistir en la necesidad de "seguir insistindo nesa idea central da igualdade".

HOMENAXE ÁS MULLERES COCIÑEIRAS

De cra ao propio domingo 8 de marzo, ás 18.30 horas está previsto unha homenaxe no Salón de Plenos do Concello ás mulleres cociñeiras de Bueu, no marco das IV Xornadas Gastronómicas En Feminino Bueu.

Despois, ás 19.30 horas no Centro Social do Mar, terá lugar a Gala da Muller organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro.

As actividades polo Día Internacional da Muller completaranse o 12 de marzo cunha Xornada de Formación da Comisión de Instrución de Denuncias de Acoso entre as 11.00 e as 14.00 horas no Concello, e o 13 de marzo coa proxección dunha película feminista por parte do Cineclub Bueu. Será o flim 'Sempre nos quedará mañá' de Paola Cortellesi, ás 21.00 horas e con entrada gratuíta no Centro Social do Mar.

Arquivado en