Autor
Xerardo Torrado Agulla (Pontevedra, 1974) é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela nos itinerarios de Historia Antiga, Historia Medieval e Arqueoloxía (2006). CAP pola Universidade de Vigo (2007). Diploma de Estudos Avanzados en Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela (2007) e Doutor en Historia Antiga pola mesma Universidade dende 2026.
Foi profesor convidado na Universidade de Vigo (Campus senior) no curso 2023-2024. Como arqueólogo, participou en campañas tanto en Galicia coma fóra dela, ca Universidade de Santiago de Compostela e ca Universidade de Valladolid. Ten publicados artigos en revistas dixitais e físicas, tratando aspectos relativos á epistemoloxía, a Historia Antiga e a Historia Medieval de Pontevedra, afondando neste aspecto na inestabilidade social na Pontevedra do século XV, a marxinación e a mentalidade entre os séculos XIII o XV.
Como historiador da idade antiga, a súa especialidade, as súas liñas de investigación céntrase na antigua Roma, o ciclo homérico, o imperio hitita e a mitología comparada e as relixións da antigüidade, con especial atención no xudaísmo do IIº Templo e as orixes do cristianismo.