Andaríns do Val do Lérez
Xoaniña, Maruxiña
- Cocinella septempunctata
- Xoaniña, Maruxiña.
- Mariquita de siete puntos.
A Xoaniña, Maruxiña ou Reirrei (Coccinella septempunctata), son insectos pequenos, cun tamaño reducido que vai de 5 a 8 milímetros. De forma redondeada ou oval, brillantes, adoitan ser de vivas cores, con manchas negras sobre un fondo laranxa, amarelo ou vermello, en forma de puntos ou raias (non é unha cuncha senón grosas ás transformadas, chamadas élitros, que protexen as ás funcionais para o voo). Algunhas especies son peludas.
Dado que son útiles (serven para controlar algunhas pragas), son insectos vistos tradicionalmente con simpatía e mesmo se lles considera nalgúns lugares signo de boa sorte, e que matalas toma como un presaxio de mala sorte.
As vivas cores das xoaniñas serven para manter afastados os predadores, que adoitan asociar as cores brillantes(especialmente o laranxa e negro ou o amarelo e negro) co veleno. Isto denomínase aposematismo ou coloración aposemática. De feito, algunhas xoaniñas son realmente tóxicas para os depredadores de pequeno tamaño, como lagartos ou paxaros pequenos, pero non para o ser humano por que son totalmente inofensivas, dado que calquera persoa podería agarrar algunha sen que esta use algún tipo de defensa persoal.
Distribución.
Habitan sobre as follas de diferentes especies vexetais onde encontran o seu alimento, son cosmopolitas.
Ciclo vital.
Poñen os ovos de cor amarela un por un, ou colocados en grupos ou restras sobre as follas. Despois dunha semana, dos ovos saen as larvas que teñen seis patas, e gran mobilidade. Adoitan ser espiñentas e verrugosas, de cor negra con minúsculas manchas brancas e alaranxadas, aínda que hai unha gran variedade nas cores segundo a especie. Estas larvas mudan tres veces antes de converterse en pupas. As pupas adhírense ás follas, talos ou rochas, e son dunha cor alaranxada e negra, e poden confundirse con excrementos de aves. Destas emerxe un adulto de cor amarela sen ter aínda definidas as cores características do adulto; pero estes aparecen nunhas poucas horas.
Alimentación.
Por outra parte, as xoaniñas son moi apreciadas xa que son depredadoras naturais dos pulgóns, pulgas, ácaros e cochinilla que son pragas para a agricultura.
Una xoaniña adulta estímase que pode consumir máis de mil destes animais durante o verán e se temos en conta que unha femia pode ter máis dun millón de crías decatarémonos de cómo, e por que son considerados insecticidas naturais. En moitos lugares do mundo utilízanse para o que se coñece como control biolóxico das pragas; é dicir, uns animais eliminan os outros que son prexudiciais para a agricultura. Utilizando aos seus inimigos naturais, en lugar de utilizar produtos químicos.
O seus depredadores naturais son os paxaros, pero o seu desagradable sabor presérvaas de ser inxeridas.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro da Asociación Andaríns do Val do Lérez