Andaríns do Val do Lérez
Ra verde. Pelophylax perezi. Rana común
Especie: De cor verde con manchas irregulares negras, formando nas extremidades traseiras un barrado transversal. Aínda que ás veces podemos atopalas cunha coloración tirando a pardo, sempre presenta unha liña vertebral verde claro ou amarelenta.
Hábitat: Especie que gusta de augas tranquilas ou mesmo paradas. Podémola atopala en beiras de ríos grandes e en zonas remansadas, lagoas,encoros, pozas, etc.
ÿ a ra máis acuática que atopar nesta terra.
Curiosidades: Ra moi ruidosa, xa que onde habita aparece en gran cantidade croando. Posiblemente, e debido a súa coloración, é moi posible que non a poidamos ver, pero case sempre si a escoitaremos. Esta ra pode vivir en zonas coas augas alteradas ou mesmo contaminadas.
Ameazas: A introdución do caranguexo vermello americano, que lle depreda as larvas.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez.