Andaríns do Val do Lérez
Sapo común. Bufo bufo
Especie: ÿ o anuro máis grande da nosa terra. De pel moi verrugosa, de cor variable dende gris terroso, amarelento areilla. Incluso podemos atopar algúns sapos de un pintado gris, negro, branco e con tons amarelentos, saíndose das cores mais comúns.
Anuro gordecho e con grandes glándulas parótides oblicuas e con forma de ril, que segregan un líquido viscoso e irritante que lle serve como defensa.
Hábitat: Pódese atopar en fragas, prados e hortas, sendo unha especie moi terrestre, que gusta de solos con boa cobertura vexetal, e refúxiase baixo pedras durante o dia.
Curiosidades: Este sapo pode estar moito tempo totalmente inmóbil. Ten os ollos cun iris vermello ou dourado coa pupila horizontal. Acostuma adoptar unha postura intimidatoria cando detecta un depredador, inflándose e levantando as patas traseiras para aparentar un tamaño máis grande.
Adoita acudir ao mesmo emprazamento acuático para depositar a posta de ovos que escolleu o ano anterior.
Ameazas: A contaminación de zonas húmidas polos vertedoiros incontrolados que aínda podemos ver nalgúns sitios que afectan a natureza ao descompoñerse os residuos, soltando líquidos e sustancias perigosas. Tamén se resinte pola introdución de especies alóctonas, e o exceso de insecticidas na agricultura.
Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez.