Andaríns do Val do Lérez
Cobregón. Malpolon monspessulanus. Culebra bastarda
Especie: De tamaño grande, posiblemente a máis grande de Galicia. De coloración verde oliva ou marrón. Nos flancos pode ter manchas claras orladas de escuro, e a zona ventral de cor amarelo.Ten unha cabeza moi rechamante sobre todo polas placas supra oculares, xa que son saíntes e faille un cello pregado, dándolle un aspecto fero.
Hábitat: Especie que acostuma estar en zonas bastante abertas a solearse, bordos de camiños, campos de cultivo, piñeirais ou, as veces en lugares próximos á beira do río.
Tamaño: Normalmente entre 100 e 150 Cm.
Curiosidades: Podémola atopar enriba dalgún arbusto pequeno, como poden ser as vimbieiras que rodean as terras de labor. Cando se ve acurralada acostuma bufar bastante forte e tamén fai o amago de morder levantando parte do corpo en clara sinal de ameaza. Debido a que é unha das especies velenosas que temos en Galicia, é aconsellable non molestalas e sempre gardar unha distancia de seguridade con respecto a elas. (Como distancia de seguridade mínima, podemos calcular o seu tamaño e gardar esa mesma separación).
Veleno: Ten os dentes inoculadores de veleno na parte posterior da mandíbula superior. Estes dentes teñen unha pequena acanaladura por onde discorre o veleno. Debido a súa posición é moi difícil que cheguen a inocular o veleno, agás os exemplares máis grandes.
Ameazas: Os atropelos tanto en estradas como en pistas forestais, xa que aproveita os espazos despexados para poñerse ao sol, os incendios forestais, e tamén a man dos humanos.
'Réptiles que podemos atopar preto de Pontevedra'. Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez