Xermán Torres
A Igrexa compostelana está nun proceso sinodal pero, que é un sínodo diocesano?
Dende o 12 de outubro de 2012, a Igrexa Local, é decir a Arquidiócese de Santiago de Compostela, está convocada a participar nun Sínodo Diocesano. Convoca e preside dito Sínodo, D. Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Compostela. Pero, ¿qué é un sínodo diocesano? ÿ unha asemblea, unha xuntanza dos compoñentes dunha diócese (sacerdotes, relixiosos, relixiosas e leigos) convocados e presididos polo seu bispo, quen ao convocalo, considerou que era chegado o tempo e a oportunidade de celebrar dito acontecemento sinodal. Sínodo quere dicir, algo así, como camiñar xuntos. E xuntos, todos facemos Igrexa. O papa Francisco vén de comentar que ou nos movemos ou senón mal asunto. E Arquidiócese de Santiago quere seguir a moverse para emprender unha análise da realidade, unha reflexión para renovarse e facer presente no mundo de hoxe a Cristo Resucitado. Por eso, o lema escollido para este sínodo é: Renovarnos en Comuñón desde Cristo.
ÿ os tempos son chegados para convocar este Sínodo, porque do último que se celebrou en Compostela xa vai un longo tempo, foi no ano 1909, e as circunstancias actuais no mundo e na Igrexa tamén o aconsellan. O Sínodo pasará por distintas fases ata chegar finalmente as asembleas sinodais propiamente ditas nas que se debaterán e aprobarán os documentos e propostas recibidas e que se trasladarán ao Arcebispo, quen se o xulga oportuno e conveniente, ratificará e sancionará os documentos e propostas aprobadas polo Sínodo e procurará a súa publicación oficial, que desde ese momento serán normas polas que se ten que rexir a Arquidiócese. Precisar que a facultade lexisladora é competencia exclusiva do Arcebispo, que por medio do Sínodo, invita a todos á corresponsabilidade e á colaboración con el no goberno e na pastoral da diócese. Porá fin ao proceso sinodal unha Eucaristía solemne na catedral de Santiago de Compostela.
Este proceso, pénsase que comprenderá dende o 12 de outubro de 2012 ata o ano 2015, xa que logo este ano 2013 será un ano de oración, sensibilización e de motivación cara o Sínodo, que se atopa nestes intres na fase preparatoria. Oxalá este acontecemento eclesial serva de revulsivo para construir unha Igrexa actual, comprometida e anunciadora da Boa Nova; para construir un mundo mellor, máis xusto, máis humano, onde todos nos sintamos incluidos.
19.03.2013