Marta Rodríguez Engroba
Televisión, mentiras e violencia de xénero
A verdade é que se hai un aparello ao que xa desde hai bastante tempo non lle dou demasiado uso é a televisión, e, francamente, as poucas veces que o fago, conseguen que se me quiten as ganas de repetir.
Non obstante, desde hai un par de meses, procuro estar atenta a un programa que emite unha canle que se por algo é coñecida é polos seus programas de contidos claramente machistas, que cosifican e degradan a muller, o cal xa é, como mínimo, preocupante, e que, din que co fin de visibilizar a violencia de xénero e concienciar a audiencia, recrean casos supostamente reais, relatados polas propias vítimas , familiares, letrados, policías, e, en resumo, cantos se viron implicados no seu problema.
De entrada, xa me rechía dabondo que moita xente da contorna familiar ou das amizades da vítima admiten ter sido coñecedores da súa situación e, malia esto, na maioría dos casos, non denunciaron nin fixeron nada ao respecto, pero, agora, sen o menor reparo, expóñense nun programa de televisión, narrando o que antes calaron e que puido custar vidas con unha soltura digna dun profesional do medio.
A medida que a vítima vai debullando o seu relato, estas persoas van facendo o mesmo co papel que tiveron na historia, no que abundan os "eu sospeitaba", "tiña a impresión", e escasean, ou directamente non existen os "eu fixen" ou "eu axudeina".
Suponse que están asesorados por profesionais que saben o qué fan, e que son conscientes do delicado do tema que están a tratar, polo que as mensaxes que se lanzan deberían ser minuciosamente coidadas, xa que, malia que a min polo menos me resulte difícil de entender, a canle que emite este programa ten unha considerable audiencia.
Por este motivo resúltame enomemente preocupante escoitar, por exemplo, esta mesma semana a irmá dunha vítima á que a súa ex parella tentou asasinar xunto coa súa filla, dicir : "Non sei que lle puido facer tan grave para que lle fixese algo así"....Tremendo!.
Nun programa que destinado, supostamente, a visibilizar, a previr, e evitar, porén que a violencia machista continúe medrando, se culpabilice a propia vítima, ou cando menos se poña en dúbida o seu comportamento, que xusificaría, polo visto, que un malnacido consumase un dobre asasinato, é, na miña opinión, motivo mais que xustificado para cuestionar tal programa ou mesmo para retiralo.
A cousa non mellora cando son algúns dos profesionais os que toman a palabra. Estou a referirme, sobre todo, ao que atinxe a protección policial.
Escoitandos, da a sensación de que as vítimas de violencia machista, desde o momento no que denuncian a súa situación, ben por iniciativa propia, ben porque acudiron ao seu domicilio chamados por alguien ante unha agresión, teñen ao seu carón a un ou varios anxos da garda que non soamene as protexen, senón que as blindan ante calquera novo amago de ataque, e as acompañan, ademais, as vintecatro horas do día.
Tamén nos describen con todo luxo de detalles a trato que se lles da as vítimas cando acuden a denunciar, facendo fincapé no tempo que se lles dedica, que semella ser ilimitado e na empatía que dín sentir coa vítima, tanta que lles fai non soamente entendela, senón sentir cada insulto, cada humillación ou cada golpe como se fosen eles os que está a sufrilos.
Neste punto do programa, eu, que cada día vexo, acompaño e escoito a mulleres maltratadas, a duras penas son quen de conter a indignación e a carraxe que me provoca esta distorsión da realidade, por non dicir mentiras.
Qué nos están a contar?.
De todos é sabido que se de algo non anda sobrado o persoal é desa empatía. Obviamente, de todo hai, e, por suposto, neste eido tamén te podes atopar con xente moi sensible, pero a triste realidade é que non é o mais frecuente. Pola contra, o máis habitual é que se tenda a minimizar a súa dor, o seu medo e a gravidade do inferno que as levou a acudir a esa comisaría.
Non se privan tampouco de facer afirmacións como que dun tempo a esta parte aumentou enormemente a colaboración veciñal, e que é moi frecuente que, de coñecer algún caso de violencia machista, acudan espontáneamente a ofrecerlle axuda a muller que está sendo maltratada.
Surrealista!.
Se hai algo que favorezca que a violencia de xénero continúe medrando é precisamente a indiferenza, o silencio cómplice e hipócrita dos que, sabendo, calan.
E o mais grave non é que tenten adornar unha realidade que está moi lonxe de ser a que nos contan, senón as falsas espectativas que poden chegar a crear, e de feito crean, nalgunhas mulleres que, encontrándose ante situación de maltrato se plantexan tentar sair dela.
Alentadas polo que están a ver e escoitar, e ante afirmacións como por exemplo, e isto é totalmente real, a dunha muller que dixo ter a dous policías protexendoa mañá, tarde e noite desde hai mais dun ano, cando se deciden a pedir axuda e se dan de bruzos coa dura realidade, a decepción, o medo e, ainda peor, o perigo que tal vez cheguen a correr unha vez denunciado o seu agresor e sen ter acadado a protección agardada, son demoledores para ela. Tanto que poden chegar a facerlle tomar decisións tan graves e tan letais como regresar co seu maltratador, ante a falta de apoio e de recursos.
Eu pregúntome, son mínimamente conscientes os creadores e responsables da emisión deste tipo de programas do dano tan grave ou mesmo irreparable que poden chegar a causar?.
Alentar as mulleres a que pidan axuda, a que denuncien, e positivo, por suposto, e en Si, hai saída este é un dos nosos principales obxectivos, pero coa verdade por diante, sen enganalas.
Teñen todo o dereito a coñecer a realidade, os pros e os contras do que se van a atopar, e nos, todos os que dun ou outro xeito intervimos na súa decisión, a obriga moral de axudalas a vela.
Un programa sobre violencia de xénero que se precie da rigorosidade, da seriedade que o tratamento dunha lacra tan grave merece, non pode facela chegar aos espectadores como se dun reality show se tratase, e menos ainda como se lles estivese a amosar o camiño cara a terra prometida.
Tampouco se debería, creo eu, presentar as mulleres que aportan a súa testemuña como verdadeiras "superwomen" que nun tempo record se recuperan, refán a súa vida e se converten en exemplos a seguir.
Un chisco de seriedade, por favor!.
Sair de algo tan duro non é doado. Pola contra, é difícil, moi difícil, e o camiño é longo e arduo. Non é xusto frustrar a quen está tentando, pasiño a pasiño, aprender a vivir de novo, e que se sente diminuida ante tal exhibición de fortaleza, unha fortaleza que intúo, unha vez que a cámara se apaga e remata esa gloria fugaz que da sair en certos medios de comunicación, é bastante mais fráxil.
Tampouco me pasa desapercibido o feito que, de cando en vez, algunha desas supervivintes, e o digo con todo o respecto, conste. Eu mesma sobrevivín a violencia de xénero, e non tolero, porén, nin a máis mínima falta deste no que atinxe a este tema, pero non deixo de decatarme, repito de que algunha destas mulleres, despois dunha recuperación moito mais rápida do habitual, forman parte ou mesmo teñen un papel destacado nalgún deses colectivos "políticamente correcto" que fan que a liña entre o altruismo e o negocio sexa un tanto indefinida, pero que se incline sospeitosamente hacía o segundo, xa que non falta quen atopou na desgraza o seu medio de vida.
Moi lamentable todo esto e ainda peor, moi perigoso.
Loitar contra a violencia machista no é un espectáculo, ou non debería selo, nin tampouco un lucrativo negocio para moitos que, se algunha vez tiveron a máis mínima sensibilidade, non teñen nin idea de donde a agocharon hai xa moito tempo.
Difundir nun medio de comunicación que, insisto, nos guste ou non, chega a moitísima xente, mentiras, ou, como mínimo, medias verdades, pode implicar un gran perigo para moitas mulleres que, desesperadas por atopar un chisco de aire, crean nelas e tomen decisións que poden ser a súa sentenza e tal vez tamén a dos seus fillos.
A batalla contra a violencia de xénero non se vai gañar a base de televisión e mentiras, eso seguro.
Pola contra, perde credibilidade, e o único que xenera é confusión e mais risco do que as vítimas xa teñen no seu día a día.
Tanto custa entendelo, ou é que resulta mais rentable non facelo?.
Asociación Si, hai saída