Alexandre Alberte Moreira
A viaxe no tempo
Características da Viaxe:
Tipo Nave: Cápsula Interestelar, (aínda que non o pareza..., é pola camuflaxe).
Capacidade da Cápsula: dúas persoas (eu, e outra máis pequeniña...)
Materiais da Nave: algo semellante o Composite (unha aleación, aínda que o termo non é preciso xa que non eran só metais...)
Propulsión: "Reactor Nuclear".
Combustible: Uranio 233 (obtido por conversión do Torio no R. N.). Se mal non lembro, en algunha foto pódense observar próximas as mamparas da cuberta, as barras do Uranio 233...
Velocidade: iamos tan incribelmente rápidos, que tiña a sensación que non nos moviamos..., a da LUZ non debiamos chegar..., pois de volume e densidade ando como antes da viaxe, máis moi alonxados dela (da velocidade da Luz..., non debiamos andar...), ate coido que a debiamos rozar...
Duración da Viaxe: 6 horas, 33 minutos, 28 segundos (que a unha velocidade próxima a da Luz..., supoñen..., isto déixovolo a vos, que así vos entretedes...).
Comandante da Nave: Celina.
Un ( m o m e n t i ñ o)...
...un momentiño que sona o móbil, ...son os de National Geographic, si chego a saber que ía ser famoso..., non viaxo..., co tranquiliño que eu estaba; sinto non vos poder mandar as fotos co texto..., mais cando me libre de estes do N. G., volas adxunto, e non vos enfadedes que un non viaxa no tempo tódolos días..., co ben que se está na casa de cada un...
Bicos para elas e media aperta para os demais...
Ainda teño para seis horas na Cámara Hiperbárica..., mais apetecíame tanto compartir a experiencia con tod@s vos..., que non me puden reprimir...
22 de Xullo do 2012.
“BECHOS DA VIAXE NO TEMPO...”.
Son as 23:53 horas do día 3 de Maio do ano 2.012, acabo de chegar da miña Viaxe no Tempo..., (ó pasado ou ó futuro...?), teredes que agardar a que poida sair da Cámara Hiperbárica na que me atopo..., xa sabedes pola descompresión..., apenas oito horas máis e vos conto a incrible experiencia, tirei fotos de todo o que alí vin..., e xa comprobaredes que non son poucas cousas..., continuo descomprimíndome...
- Moi baixo contido calórico.
- Moi bo para vista.
- Moi bo pra fixa-la vitamina D.
- Hai coma 26 ou 27 páxinas..., máis coma eu non as entendo..., supoño que vos tampouco..., voume que me reclaman coma un coelliño de indias...
Non é moi arrepiante¡