Antón Roel Villanueva
Pola candeloria no río dos Gafos
Pola candeloria que na nosa tradiciòn popular e cando casan os paxariños combocados pola asociaciòn Vaipolorio un fato de homes, mulleres e nenos no abrente dunha maña anubrada imos ca escusa do dia dos humedais como todos os anos facerlle unha visita ás brañas no rio que nos namora, o Gafos, coa inmensa alegria ao decatarnos de que unha cadea de televisiòn de ambito estatal, a Sexta, pensara nun humilde río moito tempo esquecido para unha reportaxe para o seu noticieiro para lembrar esta data.
Decia Alvaro Cunqueiro que Galicia ten tantos rios que é moi difícil saberlle o nome, que unha cadea estatal tendo tanto onde escoller pensara no Gafos; un rio cativo cheo de aldraxes e motivo dabondo de orgullo para todos os que levamos no fardel da memoria o rio dos tempos dourados da infancia. Polas beiras do rio enchoupadas da auga caida nestes dias baixa o rio das sete enchentes, nestes dias leva trazas de rio grande cheo de pequenas fervenzas. Imos paseniño camiñando escoitando as explicaciòns do profesor Amancio Castro que nòs ia amosando a importancia que teñen para a natureza e todos nòs a conservaciòn e protección das Brañas do río Tomeza na Contorna do Gafos que ainda permallecen sen degradar nun espazo aínda virxe a caròn dun carballo senlleiro e dun estripeiro que se pensa que é a árbore mais vella do rio escoitando o marmurio agora máis forte do río que baixa cheo e cantareiro e o balbordo e rechouchio dos paxaros que están de boda.
No camiño enchoupado na grisura das cores da invernia de súpeto como pinceladas amarelas dun cadro de Van Gogh que rachan a tristura da paisaxe aparecen ante nós, no camiño, unhas plantas con flores fermosisimas, os narcisos que se espallean polas ourelas do rio póndolle cor a paisaxe uníndose as magnolias e camelias que florecen cando todo esta murcho na sua loita por rachar ca monotonia dos verdes grises e ocres da invernia da paisaxe da Galiza.
Mágoa ca Moura da Poza que é moi presumida non nos saira ao paso, seguramente non estaba peiteada e queria saír fermosa na televisión. Foi unha mágoa pois queriamos aínda que tiveramos que darlle unha becerra a cambio saber se por fin despois de cincuenta anos sen luz van destapar o tramo do rio cuberto do Gafos ao seu paso por Campolongo. O Demo Asubiador, o trasno nugallàn que habita no Gafos que esta feito unha estrela dixo que se non estaba Greta, el non asustaba a ninguén agora que saía nos libros de Calros Solla, que tiña un prestixio e no perdia o tempo con calquera. E asi rematamos unha xornada festiva agardando que o dia dos humedais e a conservaciòn e coidado dos rios sexan todo o ano, non un dia determinado para quedar ben ca natureza.
Noraboa ás xentes de Vaipolorio que seguen na teima de coidar e pór en valor o rio dos Gafos.