Marta Rodríguez Engroba
Intercambio de menores en tempo de pandemia. Unha versión máis de "que cada quen se amañe como poida"
A piques de rematar a segunda semana do estado de alarma, e cun panorama un tanto incerto por diante, non me vou a referir de novo a esas medidas, se supón eficaces, que o goberno ven de implantar para tentar protexer, din, as mulleres vítimas de violencia de xénero que se atopan illadas, ou, mellor dito, presas, co seu maltratador.
Xa o fixen a pasada semana, e tan só me vou permitir a licenza de expresar que me parece autenticamente escandaloso que o goberno veña de anunciar o comezo do seu funcionamento o día 25 de Marzo, cando xa transcurriron dúas semanas! de confinamento, ignorando por completo o feito de que, ante unha agresión machista, un so segundo pode ser a diferencia entre salvar ou non unha vida.
Así de claro.
A alguén se lle pasa pola cabeza o que puido acontecer en tantos días?.
Porque, evidentemente, ninguén se plantexaba a posibilidade de que unha pandemia irrumpira nas nosas vidas, tampouco o goberno, creo, pero o que non é ningunha novidade é que un maltratador aproveita calquera circunstancia para tentar illar a súa vítima, independentemente da duración dese illamento, e de impedirlle calquera forma de comunicación e, porén, de pedir axuda, polo que o lóxico sería que XA existira algunha medida que contemplase esta posibilidade, e non agardar a que o coronavirus viñera a poñelo sobre a mesa, como tamén pon o feito de que, goberne quen goberne, a violencia de xénero, as súas vítimas, foron, son e serán as parentes pobres, relegadas e das que apenas se ten en conta a súa existencia.
Por se esta grave e irresponsable falta de previsión e un máis que evidente exceso de descoñecemento do que a violencia machista implica non abondaran, atopámonos con outro cabalo de batalla, motivo de numerosísimas consultas nestes días, de non poucos conflictos, e que é, en moitos casos, unha auténtica bomba de reloxería que pode estalar en calquera momento, ante a cal, unha vez máis, as leis, a xustiza, non vou dicir, por respecto e porque non se pode meter a todo o mundo no mesmo saco, que se laven as mans, nunca, lamentablemente, mellor dito, pero cerca lle andan.
Estou a referirme ao intercambio de menores por mor dos reximens de visitas, un tema este que xa por si mesmo adoita ser problemático, e que nas circunstancias que estamos a vivir, é un caldo de cultivo máis para que sucedan males maiores.
Da noite para a mañá, os proxenitores con menores suxeitos a este intercambio, non sabían que facer, se interrumpir as visitas, se continuar con elas, se procedía expoñer aos menores ao risco que pode implicar o traslado dunha a outra vivenda, se non facelo podería provocar problemas legais, etc, etc, ao mesmo tempo que algún proxenitor que o resto do ano non amosaba nin o máis mínimo interés en ver aos seus fillos, tiñan, de súpeto, un arrebato de amor paternofilial, que lles facía esixir os seus dereitos de visita, ameazando con denuncias e represalias varias.
E todo isto, no eido dun deserto legal, no que prácticamente ninguén se tomou a molestia de contactar con eles para indicarlles o xeito correcto de proceder, e cunha lei que non lles dí nin si, nin non, nin todo o contrario.....vamos, o que ven sendo nada!.
A medida que foron saindo publicacións, noticias, sobre este tema, e ao mesmo ritmo, en Si, hai saída ía medrando a nosa indignación, porque a desinformación, a falta de rigor, nun tema tan sensible, e tan susceptible ademais, de provocar graves conflictos, eran, e continuan sendo, a nota dominante.
Por mencionar algunha destas "informacións", e por aquelo da cercanía xeográfica, vou a referirme a que proporcionou a Xunta de Xuices de Familia de Vigo, e as que denominan, moi prudentemente, supoño, "pautas de actuación".
A primeira destas pautas, aconsella, agás que, e cito textualmente, " concorran circunstancias concretas que o desaconsellen", "manter os intercambios en custodias compartidas e as visitas de fin de semana en caso de custodia individual", engadindo, "parece prudente suspender as visitas intersemanais en especial se son pernoita", sempre, subliñan, "coa necesaria salvagarda da saúde das partes, especialmente dos menores".
Aclaran, eso si, que estas son sinxelas pautas xenéricas para facilitar o entendemento entre as partes e que, nin son executables, nin poden prevalecer sobre os acordos dos proxenitores, para rematar dicindo que "deberán ser os proxenitores os que acorden, polo ben superior dos menores e por riba de enfrontamentos ou intereses propios, o sistema de custodia e visitas, así como as medidas e prevencións a adotar para garantir a súa saúde e o seu dereito a relación con ambos proxenitores.
Perdoádeme, porque, certamente, non está a cousa para bromas, pero despois de ler esas "pautas", sentín unhas ganas enormes de emular a Dña. Rogelia, unha das criaturas da famosa ventrílocoa M. Carmen e os seus bonecos, que, cando non se decataba moi ben den do que lle estaban a explicar, preguntaba aquelo de "Mandeeeee....?????".
Non sei vos, pero eu non acabo de entender estas "pautas" (abraiada me ten a denominación!).
A ver se me aclaro: O risco para a saúde dos nenos, ou mesmo dos proxenitores, aumenta ou diminúe en función de si a custodia e compartida ou individual?.
Varía tamén ese risco en función de se as visitas se realizan na fin de semana ou polo medio desta?.
Vai ser que si, porque non entendo ese consello de realizar unhas e suspender outras, e, home, ben sei que non son unha eminencia, máis penso que teño un coeficiente intelectual normaliño, do montón, e, francamente, ahí non chego.
O que máis me gusta é cando rematan dicindo que deberán ser os proxenitores os que acorden o sistema de custodia e visitas, as medidas de prevención para a saúde e garantir o dereito dos menores con ambos proxenitores.
Non aplaudo, porque, francamente xa non teño ánimos.
Para entendernos, a mensaxe , no fondo, é clara, as cousas como son: "Entendédevos como vos pete, e apañádevos como poidades", porque nada solucionan, nin nada aclaran, algo totalmente inxustificable nun tema que é dos máis espiñentos e que máis conflictos, as veces graves, provoca.
Por outra banda, non mencionan en momento ningún esas visitas nas que existen problemas tan graves entre os proxenitores como a violencia de xénero, que conlevan nalgúns casos risco, nas que o intercambio dos menores, por orde xudicial, deber ser supervisado, normalmente nos Puntos de Encontro Familiar, existindo mesmo situacións tan graves que fan que esas visitas deben realizarse dentro deles, sen abandonalo e controladas polo persoal do mesmo.
Non sei se en todas as cidades sucede o mesmo, pero na que eu vivo, o Punto de Encontro Familiar está pechado por mor do estado de alarma, e intúo que non é o único.
É como mínimo preocupante, que unhos xuices non teñan en conta estas circunstancias, nin ofrezcan ningunha "pauta" para tentar afrontalas, porque de alternativas xa nin falamos, claro.
Son conscientes das problemáticas tan graves e mesmo perigosas que a falta de información, de alguén con peso legal, lles indique como deben proceder?.
Como actuar se un proxenitor que sistemáticamente obviou as visitas ao seu fillo ou filla, comeza a esixilas xustamente agora, sen outra intención que provocar o conflicto?. Porque estas cousas pasan. De feito, están pasando.
Qué consecuencias lle pode traer a unha nai que na procura de non poñer a un menor en risco decide suspender as visitas co proxenitor non custodio, estando disposta a compensalas cando esta situación que estamos a vivir remate, se este se nega?
Como e onde se debe realizar o intercambio dos menores se se manteñen as visitas, pero estaban a facer uso do Punto de Encontro, agora pechado, por considerar o xuiz que existe risco para eles ou para a nai?.
E se as visitas deben ser supervisadas, no interior deste?.
Estas son tan so algunhas das dúbidas que xurden nestes días, dúbidas para as que ninguén ofrece resposta dúbidas que, sexa cal sexa a decisión que se tome, traerá problemas, case sempre moi serios, cando non consecuencias moito máis graves e con resultados fatais.
Pero as leis, a xustiza, trasladan a responsabilidade a quen precisa da súa axuda, da súa competencia, deixando a moitas persoas, entre eles menores directamente afectados, totalmente desprotexidos.
O intercambio de menores en tempo, como o de agora, de pandemia, non é se non unha mostra máis das mans nas que nos atopamos.
Pasa o tempo, cambian os gobernos, pero a situación de desprotección, de inxustiza, para os mai vulnerables, fica no tempo e con todos eles.
Se algo teñen todos en común, independentemente da cor política, é a mentira.
Asociación Si, hai saída