Tribuna Viva
Cando sabía Jorge Cubela que Carballedo contaría con un centro de día?
Os socialistas de Cerdedo Cotobade considerámonos enganados por parte do concello lembrando que no anterior pleno Jorge Cubela contestou que non estaba definido o proxecto.
No anterior pleno municipal celebrado en decembro, o PSdG de Cerdedo Cotobade preguntoulle ó alcalde se a futura residencia contaría con centro de día, o que respondeu textualmente, como se pode observar na acta plenaria: "Aínda non está definido totalmente o proxecto".
Por este motivo, no pleno celebrado esta semana, o grupo socialista, levou a moción a creación do centro de día en Carballedo obtendo como resposta as palabras textuales de Jorge Cubela, "saben que está en marcha un proxecto millonario, histórico para Carballedo e no que se contempla desde a súa fase inicial ata a inclusión dun centro de día", resposta que os socialistas califican como un auténtico desprezo hacia a labor da oposición.
Alegrámonos de que esta iniciativa pola que levamos loitando tempo vaia a ser unha realidade.
Dende o grupo socialista lamentamos a falta de transparencia do alcalde e sentímonos enganados.
Xa que ou ben faltou a verdade no pleno de decembro, mentíndonos en sesión plenaria e negandolle a oposición o dereito a recibir informacion dos asuntos de interese municipal, ou quere incorporar a iniciativa da moción facéndoa propia e afeándonos dicindo que "sempre chegamos tarde", a pesar de que en reiteradas ocasións manifestamos a nosa posición sobre a incorporación do centro de día á residencia da terceira idade de Carballedo, así como a súa titularidade pública, un aspecto que tampouco acaba de concretar.
Grupo municipal do PSdeG-PSOE en Cerdedo-Cotobade