Cubela lembra aos socialistas que o proxecto de residencia de Carballedo inclúe un centro de día
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, xustificou o voto en contra do grupo do PP á moción presentada polo PSOE pedindo a creación dun centro de día en Carballedo porque "chega tarde, mal e cando xa está todo en marcha".
O rexedor mostrouse "perplexo" ante a petición da oposición porque considera que "xa saben que está en marcha un proxecto millonario, histórico para Carballedo e no que se contempla desde a súa fase inicial a inclusión dun centro de día".
Puntualiza que o centro de día é un dos elementos determinantes do proxecto que conformará a residencia de maiores de Carballedo. Neste sentido, Cubela bótalles en cara que, no momento da fusión de ambos os concellos, "o PSOE daba por feito a renuncia de Cotobade á súa propia residencia de maiores".
"Agora vén que tamén neso mentiron de xeito descarado. A xente dase conta de que todo o que dixeron era mentira e ve como despois de moi pouco tempo transcorrido estanse conseguindo obras millonarias, históricas e que moitos nin soñaban en poñer en marcha", recrimina o rexedor.
Relacionadas:
-
Os regulamentos para a residencia de maiores e o centro de día de Carballedo saen adiante coa maioría do PP
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade pide informes financeiros para a residencia de maiores de Carballedo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade xa ten os terreos para construír a residencia de maiores de Carballedo
Por Redacción |
-
O grupo socialista de Cerdedo-Cotobade solicita a creación dun centro de día en Carballedo
Por Redacción |