Antón Roel Villanueva
Eduardo Díaz Fidalgo, In memoriam
Atopabame na alameda ca tristura de contemplar o derrumbe dun vello carballo centenario a carón do palco da música, unha árbore que medrou escoitando música. As ponlas parecían mecerse ao compás de Manhler ou Mozart, cando de súpeto me comunican a nova do pasamento do pai do meu amigo Foni.
Mestre, persoa entrañábel, moi educado e moi culto sempre que o atopaba paseando co seu fillo, falabamos de literatura e me ten agasallado cos seu libros que conservo como ouro en pano.
Foi director do colexio de Prácticas Anexo Escola de Maxisterio donde se xubilou, colaborador do Diario de Pontevedra cunha serie de artigos baixo o titulo de Renglones Torcidos, ten un libro de relatos que a min gostoume moito, Aconteceu en Ningures, inspirado nas nosas lendas tradicionais. Soio as boas persoas, os bos e xenerosos, morren ca dignidade dos carballos centenarios aferrados á terra que soio dobran cando eles queren.
Eduardo Díaz Fidalgo adicou toda a sua vida á ensinanza e desde o seu Ourense natal. Foi da xeración na que a os mestres os trasladaban fóra de Galicia tendo que renunciar ao seu idioma. Exerceu o Maxisterio en Guadalajara ata que gañou unha praza por oposición e voltou a Galiza. Agora descansa na terra dos seus ancestros donde naceu.
Que a terra lle sexa leve