Plataforma Non Á Ampliación da Depuradora
A Plataforma "Non á ampliación" esixe explicacións a Ethel Vázquez polo vello emisario
Desde a Plataforma veciñal estamos escandalizados coa intención da Xunta de perpetrar a ampliación da depuradora.
Levamos tempo denunciando a política de Ethel Vázquez en Lourizán de negación da realidade, facento inversións millonarias sen ter en conta a probable marcha de Ence.
Unha auténtica fuxida hacia adiante, coa construción dun novo emisario de máis de 10 millóns de euros, para cederlle o existente a Ence.
Desde o principo insistimos en que non tiña sentido facer un novo se ao final Ence se tiña que ir e pedíndolle á conselleira que explicara que ía pasar co vello emisario se isto ocurría. Por iso esiximos que responda dunha vez a esta cuestión: Que vai pasar co vello emisario se Ence se vai de Lourizán?
Por outro lado, a Xunta está disposta a triplicar a depuradora actual, ampliando unha parte hacia o núcleo habitado dos Praceres e o resto hacia Ence, cando a concesión actual da fábrica está no aire e sendo necesario que Costas autorizase unha nova concesión. E ao mesmo tempo, a Autoridade Portuaria de Marín, en mans tamén do PP, solicita que eses terreos pasen ao porto.
Demóstrase que a Xunta está decidida a que en ningún caso a cidadanía pontevedresa poida recuperar a súa costa, negándolle esta posibilidade ás xeracións futuras.
No caso da ampliación da depuradora, Ethel Vázquez debería ter moi en conta a propia sentenza do Tribunal Supremo sobre Ence, na que se aplica o artigo 32.1: “Unicamente se poderá permitir a ocupación do dominio público marítimo-terrestre para aquelas actividades ou instalaciones que, pola súa naturaleza, non poidan ter otra ubicación“. Así pois, confiamos en que Costas non autorice este proxecto, porque consideramos que sería contrario a dereito. Pero no caso de que o faga, verémonos obrigados a asistir á xustiza.
Por último, pedimos publicamente que Ethel Vázquez responda a estas preguntas: Considera a concelleira que a depuradora, neste caso a ampliación, pola súa natureza, non pode ter outra ubicación? Considera que non existen alternativas fóra do dominio público marítimo-terrestre?