Manuel Alfonso Estévez
Viceiro, saxofonista
Unha frauta de caña e outra de cor negro moi antiga, foran os primeiros instrumentos de Ramón Viceiro, o mesmo que tivo como berce A Laxe, na freguesia marinense de Xanxian, aquel que desde neno, sentiu unha grande paixon pola música, a que logo o acompañaria sempre.
Comezara a estudiar solfexo co profesor, Xosé Rodríguez Sampablo, batuta da Banda de Música de Marin o mesmo quen convidara o rapaz para integrarse no elenco musical e
nos primeiros anos da década dos cincuenta, os señores Vinteño e Moldes, formaron unha rondalla para participar nos Carnavales, laudes e guitarras, non dubidando en chamar igoalmente ao frautista, que xa destacaba con 13 anos, incluso en programas de radio Pontevedra, obtendo varios premios.
nos primeiros anos da década dos cincuenta, os señores Vinteño e Moldes, formaron unha rondalla para participar nos Carnavales, laudes e guitarras, non dubidando en chamar igoalmente ao frautista, que xa destacaba con 13 anos, incluso en programas de radio Pontevedra, obtendo varios premios.
Pouco mais tarde o mesmo Nicolás Vinteño, ideou outra comparsa con media ducia de compoñentes guitarristas, integrando con eles a Ramón Viceiro
O seu pai, amante da música ollando as suas condicións, mercoulle un saxofón e unha frauta mais moderna.
Foi alumno de D. Luis Oterino, profesor e músico da Banda de Música da Escuela Naval.
Orquesta Melodians , de Marin
Non tardou en subir os palcos co saxofón, clarinete e frauta con músicos da Escola Naval Militar. Tiña17 anos, cando se integra na Orquestra Melodians. e dous anos mais tarde, incorporase ao Servicio Militar, na mesma Escola de Marin, aproveitando para preparar mellor armonia e composición.
Libre das obrigas militares, César Dios "Diosiño", director da Orquesta Florida, procurouno para incorporarlo a unha das mellores de Galicia ata que máis tarde el mesmo, formou un Conxunto musical, cuios compoñentes eran profesores, entre eles o mesmo Diosino ou Chapí, para realizar unha xira por países árabes, Líbano (Beirut), Jordania, Amman, Chipre e Finlandia.
Neste último, casouse cunha filandesa, non tardando en regresar a Galicia, deixando contratos firmados e xa na terra nai, outra das grandes referencias de Galicia acreditada en hemerorecas e firmas discograficas como Polydor ou RCA coa que grabaron discos que se editaron en Alemania, España, Belxica, Xapón ou India, recorrendo distintos paises incluso con actuacions nos Xogos Olimpicos de Tokio, interesaronse por Ramón Viceiro.
Eran Os Españoles, os mesmos que grabaron en 1968 para RCA "Morriña" e "Unha noite no trigo" . Con eles "Ferrolán", que era así como se coñecia o músico de Marín, desplazóuse co conxunto para Madrid ata que os compañeiros cos que estivera de xira o reclamaron e por mediación do xulgado e tiveron que cumplir cos contratos no extranxeiro.
Logo fixa a sua residencia e Vigo onde formou un grupo musical e mais tarde exerceu como profesor e director da Banda de Música de Rubios en As Neves e Profesor no Conservatorio Reveriano Soutullo en Ponteareas e despois Os Duendes de Vilagarcia de Arousa, onde ademais de saxo barítono, tenor, alto tamen tocaba clarinete frauta e gaita.
Pasado o tempo e cando os anos lle veñen encima, deixa o mundo dos conxuntos e dedicase a ensiñanza musical nun Conservario de Vigo, onde era titular dunha praza e foi en Coia onde se xubilou. En tempos ainda recentes,foi homenaxeado na vila marinense, cuio acto rematou coa interpretación do Himno de Marin e Vigo-Marín, da sua autoría, interpretadas por Airiños de San Xulian e a Coral de Lembranzas.
Ramón Viceiro, con Os Duendes, o primeiro de abaixo á dereita