'Amantes da Terra' é un espectáculo de Queiman e Pousa, que ata a data pse puido ver en catro localidades galegas, con sobresaliente éxito de público e que seguirá virando por Galicia. Un espectáculo que aglutina audiovisual, poesía, baile e música cun fío condutor: a persoa e legado de Antonio Fraguas a quen se lle dedicou o día das Letras Galegas 2019.
Na Playlist facemos unha selección dalgunhas desas cancións que se ofrecen en 'Amantes da Terra': tres delas inéditas baseadas en textos ou biografía de Fraguas e unha versión en galego de 'Non chores por min Arxentina'.
Para explicar o por que deses temas que se seleccionaron - e entre os que se reinterpretan composicións de ilustres músicos e gaiteiros galegos - estiveron en PontevedraViva RadioAndrea Pousa, Bruxo Queiman e Miguel Fraguas, quen ademais de director do grupo de gaitas Foula é descendente do mesmo Antón Fraguas.
Durante a hora e media de representación están sobre o escenario 130 artistas. Na súa produción houbo un ano de traballo previo de investigación. Para iso falouse con familiares e amigos de Fraguas, veciños de Cerdedo - Cotobade e institucións.
'Amantes da Terra' estará o próximo 14 de xullo en Marín. Fraguas dicía: "As esencias de Galicia baixan desde Cotobade a Pontevedra polo Lérez". Haberá que agardar a que "con tanta referencia a Pontevedra como hai en todo o espectáculo" reiteraban Miguel e Queiman, tamén se poida ver nesta cidade.