Hai múltiples crenzas e falsidades ao redor da conduta e vida dos cans. Nesta edición de Podcans, o educador canino Diego Álvarez, desmente unhas cantas. Crees que o teu can está feliz porque move a cola?, a túa mascota está enferma porque lle tocaches o nariz e tena quente?, se lame unha ferida porque é a súa forma de curala?. As respostas e pertinentes explicacións están no podcast de PontevedraViva Radio.
Posiblemente unha das crenzas máis estendidas e non precísamente correctas é que un ano de vida dun can corresponde a sete dunha persoa humana. Os cans ven en branco e negro, ou diferencian cores?, e entenden a lingua en que se lles fala?... un programa que desterra uns cantos mitos.
Se despois de escoitalo quédache algunha dúbida, ou che apetece expor algunha cuestión, Podcans facilita a dirección de correo electrónico podcans@gmail.com para que poidas envialas.
Completando o programa, a imaxe corresponde de novo a Tyson, un pitbull de tres anos que segue sen conseguir adopción. Ten tres anos, con boa socialización tanto con outros cans como con persoas, o seu nivel de enerxía é medio-alto e atópase na protectora de Vigo 'Tu eres nuestra ayuda'. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 673946671.