O educador canino de Podcans, Diego Álvarez, responde con detalle e de forma didáctica ás causas que poden derivar na actitude agresiva ou unha agresión en si mesma dun can.
Condutas que un can pode manifestar cara a outros cans, outros animais ou cara a persoas; ben sexan coñecidos ou descoñecidos en todos os casos. A causalidade, como expón no podcast de PontevedraViva Radio pode ser diversa igualmente: por algún tipo de patoloxía, por razóns conductuales, por un "conflito social", por protección, por algún tipo de medo, etc...
Ademais, a postura que adopte o animal ante esa conduta agresiva, tamén pode servir para identificar que significa esa actitude que manifesta. Achega ademais os debidos consellos para actuar correctamente ou evitar ditas situacións. Calquera dúbida que poida xurdir con este tema ou calquera outro referido aos cans pode remitirse a podcans@gmail.com.
Como en cada edición, Diego Álvarez lembra que hai animais que precisan de acollida ou adopción. Neste caso trátase dunha cadela chamada 'Pecas', ten ano e medio e está castrada. É moi sociais con persoas e outros animais, juguetona e ten "paixón pola auga". Urxe esa adopción ou acollida para sacala da residencia na que se atopa. As persoas interesadas deben contactar con Cadeliños.