O humorista e presentador televisivo Ángel Martín, a tenista Naomi Osaka ou o cantante belga Stromae son recentes exemplos de persoas recoñecidas que están a facer públicas as súas experiencias con trastornos emocionais como a depresión. O 13 de xaneiro está marcado no calendario como o Día Mundial de Loita contra a Depresión e a esta enfermidade dedicamos un podcast do 'Cara a cara'.
Manuel Díaz Ramírez é psicólogo do gabinete Alter Psicólogos de Pontevedra, e fálanos dunha enfermidade mental que na súa opinión "está minusvalorada porque non hai un tratamento xeneralizado, senón que se reduce con frecuencia a un consumo de psicofármacos" e na que é importante que a persoa afectada recoñeza que a sofre e solicite axuda profesional.
Nese punto, durante a conversación que mantemos, ponse de manifiestao a falta de psicólogos e psiquiátras na sanidade pública - por baixo dos cocientes recomendados pola UE -, o que fai que haxa que recorrer a unha atención privada; circunstancia que non está ao alcance de todas as persoas.
Actualmente a incidencia de trastornos como depresión ou ansiedade incrementouse. A pandemia foi determinante, pero non é a única causa. Así, mentres a poboación de maior idade foi onde primeiro evidenciáronse estes trastornos, neste momento, "salvo entre menores, por todos lados houbo unha afectación dunha ou outra maneira".
Estima que a depresión afecta a entre un 10 e 15% da poboación española: "é unha porcentaxe moi alta", estima. Outra cuestión paralela a estes trastornos da saúde mental, é o aumento de suicidios - a cifras xamais contabilizadas -, ou do consumo de psicofármacos con ou sen prescipción facultativa e as súas consecuencias.
E que facer para manter unha boa saúde mental?, con eses consellos concluímos a charla que mantemos en PontevedraViva Radio con Manuel Díaz.