Chegan novos equipamentos tecnolóxicos para reforzar a aula CeMIT de Poio
Por Redacción
Dez ordenadores e tablets novas, un trípode con anel de luz, unha webcam e unha pantalla de croma forman parte desde este martes do equipamento da Aula CeMIT de Poio.
Estes novos equipos chegan a través da AMTEGA a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e servirán para reforzar os cursos de formación que se imparten durante todo o ano de xeito gratuíto.
A concelleira de Mocidade e Novas Tecnoloxías, Tamara González, sinala que esta ampliación permite seguir mellorando o centro de Combarro para adaptalo ás novas necesidades que van xurdindo e, sobre todo, ós avances e ás novas capacitacións que se ofrecen a través destas aulas.
Actualmente, durante o mes de decembro, a aula de Poio imparte ata dez cursos gratuítos en diferentes habilidades dixitais, desde saber facer videoconferencias, ata o uso seguro do ordenador e do móbil, edición de texto e de imaxes ou trámites online, entre outros.
González anima á veciñanza a participar nestes cursos e a facer uso da aula de informática, "é un servizo moi importante para conseguir unha transformación dixital inclusiva, principalmente naquelas franxas de idade nas que non están tan familiarizadas co uso das novas tecnoloxías".
Relacionadas:
-
A Aula CeMit de Marín renova os seus dispositivos
Por Redacción |
-
O BNG fala de "apagón de Nadal" no rural en Poio e pide transparencia ao goberno local
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O asasinato machista de Encarnación Regueiro en Sigüeiro tamén doe en Pontevedra e Poio
Por Redacción |
-
Xa se pode aparcar de balde na finca da Coca-Cola
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Sufocan un incendio no interior dunha zapatería de San Salvador de Poio
Por Diego Espiño & Diego Torrado |