260.000 euros axudarán a mellorar a imaxe e os servizos do núcleo dos Castros
Por Redacción
Este venres asinaban un convenio de colaboración o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para que a institución provincial financie con máis de 220.000 euros, o 85% do orzamento, os traballos previstos para humanizar e mellorar as infraestruturas do núcleo dos Castros, no municipio de Cerdedo-Cotobade.
Estes fondos forman parte do Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Execución da Axenda 2030 (PON2030).
O Concello achegará 40.000 euros, o 15% restante do investimento previsto.
Os traballos están orzados en 260.000 euros e o proxecto contempla a renovación dos servizos desta rúa da parroquia de Quireza. Renovarase o pavimento e crearase unha zona axardinada na contorna da igrexa, ademais de mellorar o mobiliario urbano.
Tamén está previsto que se renove a iluminación con 17 luminarias con tecnoloxía LED e actualizarase o sistema de recollida de pluviais e de abastecemento.
As obras, segundo recolle o convenio, deberán finalizarse antes do 30 de abril de 2025.
Luis López, tras a sinatura, destacaba o esforzo e a cooperación do goberno provincial co do Concello para transformar espazos urbanos.
Relacionadas:
-
Música, solidariedade e tradición para celebrar o Nadal en Cerdedo
Por Redacción |
-
A Deputación destinará 440.000 euros a ampliar a estrada EP-7102 entre Serrapio e Portela
Por Redacción |
-
Os humidais artificiais de Quireza, listos para funcionar como EDAR
Por Redacción |
-
Investirán 260.000 euros para humanizar o núcleo dos Castros
Por Redacción |