Iluminación LED para o pavillón do colexio A Florida á espera da reforma integral do centro
Por Redacción
O pavillón do colexio da Florida no municipio de Sanxenxo xa conta con nova iluminación ao cambiar a antiga iluminación por luces de tipo led co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética.
O departamento de Obras e Servizos encargouse deste operativo dentro dos traballos de mantemento das instalacións municipais. Durante os traballos tamén se repararon as fendas aparecidas na cuberta e que se detectaron tras o paso dos temporais do mes de novembro.
O goberno local indica que se está traballando coa Consellería de Educación para rehabilitar de maneira integral o centro educativo coa construción dun novo pavillón deportivo.
Trátase dunha demanda do equipo directivo do colexio máis veterano de Sanxenxo, no que estudan 200 escolares, que foi trasladada directamente durante a visita realizada polo conselleiro Román Rodríguez ás instalacións.
Este centro foi seleccionado por Educación para establecer o Polo Creativo, un espazo de innovación educativa con equipamento especializado para desenvolver proxectos relacionados coa Ciencia, a Enxeñería, Tecnoloxía e Matemáticas.
Relacionadas:
-
Sete colexios de Sanxenxo, en pleno zafarrancho de obras antes do inicio das clases
Por Redacción |
-
Os doce proxectos cos que Telmo Martín quere liderar Sanxenxo cara 2027
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A proposta pedagóxica dos "polos creativos" implantarase nos colexios de Pontevedra e Arousa
Por Redacción |