A voz dos pacientes con ostomías chega dende Bruxelas ao consistorio pontevedrés
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Servizos Sociais, Anabel Gulías, recibiron este mércores na Casa Consistorial a Ángela Paz, presidenta de ASSEII (Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal y Ostomizad@s) e a Rosa Piñeiro, socia da entidade.
Piñeiro vén de participar en Bruxelas nun seminario europeo de formación sobre condicións de saúde íntima relacionadas con ostomías e incontinencias.
O alcalde felicitou á entidade por esta participación no foro internacional e pola proxección que supón para Pontevedra e para a asociación.
ASSEII é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como principal preocupación a defensa dos dereitos e da calidade de vida das persoas con Enfermidades Inflamatorias Intestinais (Crohn e Colite Ulcerosa) e Enfermidades Ostomizadas, as súas familias e o seu entorno social. Creouse en 2013 na cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
29 asociacións de carácter social ocuparán un espazo no edificio de Benito Corbal
Por Oskar Viéitez |
-
O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra premia o labor de ASSEII
Por Redacción |
-
A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal presenta unha guía sobre esta enfermidade
Por Oskar Viéitez |