A Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal presenta unha guía sobre esta enfermidade
Por Oskar Viéitez
A Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados de Pontevedra (ASSEII) presentou a súa nova guía educativa nun acto celebrado este xoves no salón de actos do Hospital Montecelo de Pontevedra.
Nesta presentación participaron a directora asistencial da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Susana Romero; a doutora Ronsel Fernández da Unidade de Enfermidade Inflamatoria; Raquel Díez, enfermeira de práctica avanzada especializada en inflamatoria; e Víctor Loira, membro de ASSEII.
Baixo as siglas EII (enfermidade inflamatoria intestinal) englóbase a enfermidade de Crohn e a colitis ulcerosa, patoloxías crónicas cuxos síntomas principais son a diarrea, a dor abdominal, a perda de peso ou a febre.
A guía, co título: "Promover unha adecuada saúde dixestiva nas enfermidades inflamatorias intestinais", conta co aval dos especialistas de aparello dixestivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra e da Consellería de Sanidade e "ten un claro carácter educativo e de loita contra o estigma", segundo manifestaron.
A guía está dispoñible para toda a cidadanía e pode ser solicitada a través do correo digestivo.pontevedra@gmail.com Proximamente, tamén poderá ser descargada na páxina web da asociación ASSEII.
Durante a presentación, púxose en valor a existencia dunha unidade especializada na atención deste tipo de pacientes, así como o papel da enfermeira de práctica avanzada na educación, apoio emocional e guía das persoas que teñen esta doenza da que este venres 19 de maio celébrase o Día Mundial.
Relacionadas:
-
A voz dos pacientes con ostomías chega dende Bruxelas ao consistorio pontevedrés
Por Redacción |
-
O hospital Montecelo acollerá este sábado a XII Xornada Provincial de Ostomías
Por Oskar Viéitez |
-
A endoscopia con intelixencia artificial avanzada será probada no Servizo de Dixestivo do Complexo Hospitalario
Por Redacción |
-
Galicia estrea un novo modelo asistencial para a enfermidade inflamatoria intestinal
Por Redacción |
-
Ana Pastor visita a sede da Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal
Por Redacción |
-
Entrega de chaves na inauguración do cambiador inclusivo da Praza de Galicia
Por Redacción |
-
Unha campaña levará dun xeito lúdico a enfermidade inflamatoria intestinal aos escolares pontevedreses
Por María José Pita |